Escoitar

O goberno local asegura que o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral permitirá mellorar este servizo público

A primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, insistiu esta mañá de luns na ideoneidade de trasladar a Cidade da Xustiza ao antigo Xeral. Tal e como explicou na sinatura do protocolo para o cambio de uso destas intalacións sanitarias, Silva enfatizou que esta ubicación permitirá prestar un mellor servizo público á cidadanía.

luns, 14 mar 2016
1457963555ciudadjusticia.JPG
A posta en marcha da Cidade da Xustiza é unha necesidade urxente en Vigo, segundo dixo esta mañá a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, durante a sinatura do protocolo para o cambio de uso do antigo Hospital Xeral. A primeira tenente de alcalde defendeu o traslado da futura Cidade da Xustiza ao hospital Xeral porque é unha ubicación perfecta que permitirá prestar un mellor servizo público. Ademais, engadiu, permitirá manter a actividade comercial e económica nos aledaños da rúa Pizarro. Logo de reiterar que Vigo destaca pola súa "cordialidade", enfatizou a importancia de que as administracións acorden para impulsar proxectos importantes. A este acto acudiron tamén as ministras de Traballo, Fátima Bañez, e Fomento, Ana Pastor, ademais de concelleiros e outros cargos institucionais.
Descargar todas as imaxes