Escoitar

O Concello adquire material técnico para combater a praga de avespa asiática

O alcalde coñeceu esta mañá o instrumental que adquiriu o Concello para que o persoal de desinfección e de bombeiros poidan actuar contra a avespa asiática sen riscos. Concretamente, adquiríronse dez traxes perfectamente dotados para que os profesionais continúen loitando contra unha praga que está a causar unha "verdadeira hecatombe medioambiental".

xoves, 7 xan 2016
1452175091traxeavispa3.JPG
O Concello de Vigo loita contra a avespa asiática desde o ano 2012 con preto de 200 actuacións que se intensificaron nos últimos meses, con 75 intervencións desde o pasado xullo. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante unha visita que realizou esta mañá ao Parque de Bombeiros de Balaídos para amosar algúns dos dez traxes -valorados en 600 euros cada un- que o Concello ven de adquirir para que os profesionais poidan combater con seguridade a praga de avespa asiática.

Segundo explicou, persoal do Departamento de Medio Ambiente (desinfección), efectivos de Bombeiros e Policía Local recibiron un curso formativo para aprender a distinguir estas avespas das abellas autóctonas xa que o obxectivo municipal é preservar as colmeas para frear a "hecatombe ambiental que se está a producir".

Respecto do protocolo, o alcalde explicou que os operarios actúan ao atardecer, cando están as avespas no niño, retírano para introducilo nunha bolsa hermética de grande tamaño e méntense nun conxelador no que aínda duran vivas varias días, explicou. Neste punto criticou á Xunta por desatender a súas obrigas xa que a loita contra este problema medioambiental é competencia autonómica.

Durante a visita, Caballero aproveitou para anunciar que estas instalacións serán reformadas, en liña coa remodelación realizada no Parque de Bombeiros de Teis.
Descargar todas as imaxes