O goberno local achega 37.000 euros ao Instituto de Estudos Vigueses para a investigación histórica e divulgativa da cidade
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente do IEV, Xoan Carlos Abad, rubricaron hoxe mércores o convenio de colaboración para o fomento das actividades do Instituto en 2013, entre as que se atopa o proxecto de creación dun centro de documentación da historia de Vigo.
Segundo informou Caballero aos medios de comunicación, o acordo supón unha achega municipal de 37.000 euros ao Instituto de Estudos Vigueses para o fomento de actividades de investigación histórica e divulgativa da cidade no 2013.
A acordo ten coma obxecto impulsar o programa de actividades e funcionamento do Instituto este ano, seguindo unhas liñas básicas consistentes na edición de publicacións, na realización de conferencias e otras actividades culturais, e no proxecto de creación dun centro de documentación da historia de Vigo.
Abel Caballero censurou que a achega do Concello é a única que percibe o IEV, xa que hoxe en día non conta con apoio algún de institucións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. O Concello dispón tamén para o Instituto un andar no edificio municipal do Berbés e ampliará as súas instalacións segundo revelou Caballero, tras solicitalo os seus responsables.
Descargar todas as imaxes