Escoitar

Caballero di que Vigo "é a mostra fidedigna de que se poden facer unhas festas expecionais cun custo moi medido"

O alcalde de Vigo fixo hoxe martes balance das "mellores festas da historia da cidade" nun percorrido polos distintos actos festivos organizados desde o Concello no que vai de verán. Tal e como dixo, a programación deste ano é "mostra fidedigna de que se poden facer festas excepcionais cun custo moi medido".

martes, 20 ago 2013
1377002390alcalde5.jpg
Abel Caballero cualificou a programación festiva deste ano como "as mellores festas da historia, coa maior participación que houbo nunca". Na mesma liña, engadiu que o custo "asequible" desta organización é "mostra fehaciente de que se poden facer unhas festas exepcionais cun custo moi medido".

Caballero fixo hoxe martes balance da programación de festas, lembrando que o Auditorio de Castrelos acolleu a Festa Celta-Romana, así como os concertos de Melendi, Fangoria, a Coral Casablanca ou o Certame de Orfeóns. Outra das actuacións estrela do verán, a de Pablo Alborán tivo lugar no Ifevi, mentres que o Auditorio Mar de Vigo foi o escenario elixido para a ópera de L,elisir d, amore.

Non faltou programación infantil, con teatros e obradoiros por toda a cidade, ou concertos para a mocidade dentro do Vigosónico organizado na Praza da Constitución, ou dos Castroconcertos. Mención especial mereceu o Marisquiño, que "rebentou a cidade", dixo.

No seu repaso, aludiu ao éxito de participación nas actividades culturais da Noite Branca, así como de afluencia de público no ciclo Un mar de bandas. Non faltou a animación na rúa e as festas gastronómicas, ademais das festas de San Roque. Finalizou o rexedor, matizando que aínda son moitas as parroquias que están a celebrar as súas festas, "todas elas con apoio municipal".
Descargar todas as imaxes