O Concello e o Real Club Celta asinan un protocolo para o reparto do consumo eléctrico na Madroa
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, asinaron este martes un protocolo de colaboración para a distribución do sistema de pago da electricidade na Madroa, segundo informou Caballero en rolda de prensa. O Concello asumirá o custe e o Celta abonará á administración local unha cota fixa por determinar.
Abel Caballero explicou que o Concello farase cargo da electricidade consumida na Madroa, con cargo a unha cota fixa abonada polo Celta á administración local, cantidade aínda por determinar.
Segundo explicou o alcalde aos medios, o protocolo singulariza a aportación de cada entidade para a cobertura dos gastos eléctricos. O Concello faise cargo do consumo de enerxía na Madroa e o Celta paga unha cantidade fixa á administración local. "Estamos no proceso de acordar a cantidade a abonar polo consumo que lles corresponde", aseverou Caballero sobre o Celta.
Este acordo, "algo máis significativo todavía", apunta o rexedor, evidencia a relación "cordial e amistosa" entre as partes, que "seguramente vive a mellor etapa" nos 90 anos de historia do Real Club Celta.
O alcalde tamén salientou que a grada Concello-Celta, despois da celebración onte luns da primeira xornada de Liga, "estivo completamente chea", tras o reparto das 1.600 localidades, un "éxito" que pon de relieve a solidez desta idea para apoiar ao Celta e crear afección.
Descargar todas as imaxes