Escoitar

O Concello e o ICCT colaborarán para divulgar a investigación científica da área de Vigo

O alcalde mantivo este luns unha reunión cos dirixentes do Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, entidade que ten coma obxectivo a divulgación da laboura científica e innovadora existente na área metropolitana viguesa, un "ambito investigador de primeira dimensión mundial", apuntou Caballero.

luns, 19 ago 2013
1376915968ICCT.JPG
Caballero deu conta da reunión mantida coa dirección do ICCT, con sede no edificio municipal do Areal, instituto que pretende divulgar a investigación científica baseada na área de Vigo, onde existen un número "importantísimo" de investigadores de "altísima calidade" a nivel mundial.

"Pretendemos que se coñeza toda esta investigación de ámbito mundial que se realiza na área de Vigo", asegurou o alcalde vigués, quen citou a propia Universidade de Vigo, ANFACO, o IEO, o CTAG e CETMAR para concluir que "nos atopamos cun ámbito investigador de primeira dimensión mundial".
Descargar todas as imaxes