O Concello arranca en setembro un plan de semaforización para darlle máis "porosidade e seguridade" ao tráfico
A partir de setembro e durante dous anos, o Concello desenvolverá un plan de semaforización para fomentar a porosidade e a seguridade no tráfico. Así o avanzou o rexedor durante unha visita ao vial de Claracampoamor (concluencia con Foxos) onde se instalou un semáforo moi demandado polos veciños da zona. <br />
Abel Caballero avanzou que en setembro o Concello porá en marcha un plan de semaforización no centro e nas parroquias para darlle máis "porosidade e seguridade" ao tráfico. Durante unha visita ao vial Claracampoamor (confluencia con Foxos), onde se colocou un semáforo moi demandado polos veciños de Beade, enfatizou que o deseño desta rede xirará sobre os eixos da seguridade e porosidade, rexeitando a existencia de grandes avenidas "con semáforos cada 300 ou 400 metros" que fomentan "a tentación de cruzar por zonas non indicadas".
Aínda que reiterou que o plan completo será presentado o mes que vén, o rexedor avanzou a modo de exemplo, a previsión de colocar, alomenos, dous novos semáforos en Castelao, onde "fracasaron os pasos elevados", na Gran Vía, na Avenida de Madrid, en Aeral, na Avenida das Camelias, ou en Beiramar, na zona do Auditorio. Tal e como precisou, estes son só algúns exemplos dun plan máis ambicioso que o Concello vai desenvolver ao longo dos dous próximos anos.
Descargar todas as imaxes