Escoitar

O Concello apoiará en outubro un encontro nacional de centros creativos para discapacitados

O alcalde avanzou hoxe martes o apoio municipal á Fundación Igual Arte para organizar en outubro un gran encontro de centros de toda España para intercambiar experiencias e novidosas técnicas de ensino. Caballero asinou hoxe un convenio de colaboración de 13.500 euros para colaborar nos gastos de aluguer da entidade.

martes, 13 ago 2013
1376398395igualarte.JPG
Abel Caballero e a responsable da Fundación Igual Arte asinaron hoxe martes un convenio polo que o Concello aporta 13.500 euros para cooperar no finanzamento dos gastos de aluguer da entidade. Ademais, o rexedor avanzou o apoio do Concello na posta en marcha o próximo mes de outubro dun encontro entre centros de toda España para compartir sistemas de ensino e experiencias. Tal e como explicou, este encontro desenvolverase durante unha semana no Auditorio Municipal "co pleno opoio do Concello porque queremos que desapareza a palabra caridade en favor de igualdade e dereitos".
Descargar todas as imaxes