Pablo Alborán, o mércores no IFEVI
Pablo Alborán, unha das novas estrelas indiscutibles da música española en plena ascensión, estará en concerto no IFEVI, o mércores 14 de agosto ás 21.30 horas. Está programado un servizo especial de autobuses ao concerto.
Tras o suspenso da súa actuación prevista para o pasado 28 de xullo, debido aos tráxicos sucesos ocorridos en Santiago de Compostela, Pablo Alborán chegará a Vigo o vindeiro 14 de agosto, mércores, no recinto feiral de Vigo ás 21.30 horas.
Alborán presentará a súa nova xira "Tanto 2013", de nome homónimo ao seu álbum, o cal foi o máis vendido en España no ano 2012, mentres que o directo "En Acústico" e o seu disco de debut "Pablo Alborán" ocuparon o segundo e o quinto posto da clasificación anual. Gañador recentemente de dous Premios 40 Principales (Mellor Artista e Mellor Canción con "Te he echado de menos"), Pablo Alborán foi o artista que máis discos vendeu en España durante dous anos consecutivos, 2011 e 2012, un feito histórico e único na música española.
As entradas están á venda en www.pabloalboran.es en www.servinova.com, ou no teléfono 902 504 500. As localidades teñen un prezo de 30 euros anticipada e 33 euros no despacho de localidades o mesmo día do concerto.
Servizo especial de lanzadeiras
LIÑA: C9A
PERCORRIDO: rúas Coruña, Conde de Torrecedeira, La Paz, Pi y Margall, Paseo de
Alfonso XII, Policarpo Sanz, Urzáiz, Travesía de Vigo, Jenaro de la Fuente, Avda do Aeroporto
HORARIOS:
- Rúa Coruña: as horas "a e vinte" e "menos vinte".
- Paseo de Alfonso: as horas "en punto" e "e media".
REGRESO DO IFEVI:
Servizo de lanzadeiras coa ruta inversa, á finalización do concerto
Descargar todas as imaxes