Escoitar

Caballero aboga porque a Fundación Sales se convirta no "gran xardín botánico de toda Galicia"

O alcalde pretende que a Fundación Sales, situada na Avenida de Europa, se convirta no "gran xardín botánico de toda Galicia". Así o asegurou hoxe martes logo de visitar as instalacións para obxervar, entre outros, o nenúfar xigante. <br />

martes, 13 ago 2013
1376398620Nenufar.JPG
Abel Caballero achegouse hoxe mércores á Fundación Sales para realizar unha visita "extraordinaria" a un xardín botánico "de grande importancia que non valoramos suficientemente". Logo de percorrer as instalacións e disfrutar do nenúfar xigante Victoria cruciana, unha das prantas máis raras do planeta que no mes de xaneiro era unha semilla dun centímetro, eloxiou ao presidente da Fundación, Alfonso Paz Andrade, e aos profesionais "pola súa sensibilidade".

Avanzou a súa intención de colaborar con esta entidade para que o Concello teña presenza nun espazo que xa forma parte da rede dos xardíns botánicos europeos, pioneira en investigación. Insistiu en que Vigo "xa ten o xardín botánico que precisaba" e abogou porque se converta "no gran xardín botánico de toda Galicia".
Descargar todas as imaxes