Escoitar

Festa de San Roque

Como tódolos anos, o 16 de agosto celébrase a romaría de San Roque unha das romarías urbanas máis importantes de Vigo xa que é unha das máis multitudinarias e máis tradicionais da cidade olívica.

mércores, 14 ago 2013
Durante este día desprázanse á Finca de San Roque, no barrio do mesmo nome, numerosos crentes cos seus exvotos para celebrar a festa en honor a este santo milagreiro, que segundo din, todo o cura. Ademais, esta reunión anual dos veciños e convidados celebrada ao longo de catro días (do 15 ao 18 de agosto) acompáñase de música, actividades para os máis pequenos e degustación de polbo, pementos ou sardiñas asadas e viño.


O terreo, que está aberto todo o ano permite gozar do seu parque pero non son moitos os que coñecen o pazo. O Pazo de San Roque, é un dos máis antigos de Vigo construído a finais do século XVII e no que viviu a familia Méndez de Sotomayor. E, aínda que abre en datas sinaladas, como o día da súa romarái, paga a pena achegarse para observar dende fóra a súa fachada con brasóns e espadana na capela.