Caballero invita a toda a cidade a presenciar en Samil o Cidade de Vigo de Tenis
O alcalde eloxiou a calidade e o "nivel" deste evento tenístico vigués, que reúne no Complexo Deportivo de Samil -desde hoxe luns e ata o 1 de setembro- a máis de 300 inscritos en todas as modalidades, o campionato con maior participación de Galicia.
Abel Caballero presentou este luns a 72ª edición do Campionato de Tenis Cidade de Vigo, que da comezo hoxe no Complexo Deportivo municipal de Samil e rematará o 1 de setembro coa celebración das finais. Na rolda de prensa, xunto ao alcalde de Vigo, participaron o director do torneo, Pablo González; José Lázaro, por parte da Federación Galega de Tenis; Javier Alonso, de Nautales; e Antonio Amaro, de Talesport.
Como ben sendo habitual, o 2013 presenta un novo éxito de participación neste torneo con máis de 300 tenistas inscritos en todas as categorías, desde benxamin ata veteranos, en masculino, feminino e dobres. Esta cifra consolida ao Cidade de Vigo -unha das citas máis lonxevas ao celebrarse sen interrupción desde 1941- no campionato con maior participación de Galicia.
A deste ano corresponderá tamén co cuarto Memorial Antonio Santoro. Desde o ano 2010, o certame está vencellado á figura do que fora presidente da Federación Galega de Tenis durante máis de vinte anos, convertíndose así no seu Memorial.
Os aficionados poderán apreciar en Samil a algúns dos mellores tenistas de Galicia e de España, destacando a organización a Miguel Casal, vixente e catorce veces campión galego absoluto; Patricia Vilas, campiona galega e cuarto finalista de España; e a Luis Hernández "Chitín", semifinalista do campionato de España para maiores de 70 anos.
Descargar todas as imaxes