Escoitar

Caballero avanza que as festas de Vigo mobilizaron en torno a 200.000 persoas

O alcalde cuantificou hoxe en 200.000 as persoas que se mobilizaron en torno as festas de Vigo, sen incluir os barrios e parroquias, que suporían cen mil máis. Nun encontro cos medios reiterou que a programación deste ano foi a "mellor da historia da cidade".

mércores, 21 ago 2013
1377087334Imagen005.jpg
Abel Caballero situou en 200.000 o número de persoas que se achegaron a calquera dos actos organizados con motivo das festas de Vigo. Unha cifra á que habería que engadir os asistentes ás festas dos barrios e parroquias, o que suporía unhas 100.000 persoas máis, detallou. Como xa avanzara onte o rexedor, a programación festiva deste ano, "as mellores festas da historia", tiveron un "custo foi moi medido".

No balance da programación que realizou onte martes, lembrou que o Auditorio de Castrelos acolleu a Festa Celta-Romana, así como os concertos de Melendi, Fangoria, a Coral Casablanca ou o Certame de Orfeóns. Outra das actuacións estrela do verán, a de Pablo Alborán, tivo lugar no Ifevi, mentres que o Auditorio Mar de Vigo foi o escenario elixido para a ópera de L,elisir d, amore.

Non faltou programación infantil, con teatros e obradoiros por toda a cidade, ou concertos para a mocidade dentro do Vigosónico organizado na Praza da Constitución, ou dos Castroconcertos. Mención especial mereceu o Marisquiño, que "rebentou a cidade", dixo.

No seu repaso, aludiu ao éxito de participación nas actividades culturais da Noite Branca, así como de afluencia de público no ciclo Un mar de bandas. Non faltou a animación na rúa e as festas gastronómicas, ademais das festas de San Roque. Finalizou o rexedor, matizando que aínda son moitas as parroquias que están a celebrar as súas festas, "todas elas con apoio municipal".
Descargar todas as imaxes