Aberto o prazo de inscrición no curso ”estratexias para a dinamización da participación en entidades non lucrativas”
Ata o luns 30 de setembro permanece aberto o prazo de inscrición no curso ”Estratexias para a dinamización da participación en entidades non lucrativas”, primeira das accións formativas do Plan de Formación para ONLs promovido pola concellería de Participación Cidadá e dirixido a directivas, socios/as, persoal contratado e colaboradores das asociacións de Vigo.
Este curso, que terá unha duración de 10 horas, abordará ferramentas e estratexias para afondar na participación no ámbito asociativo. Conseguir que as persoas da asociación e do contorno participen na súa organización e iniciativas é unha tarefa central que pode apoiarse en metodoloxías prácticas como as que van presentarse no curso:
¿cómo motivar ás persoas para que participen?
¿cómo organizar a asociación de forma aberta á participación?
¿cómo facer xuntanzas e asembleas onde todo o mundo se sinta parte implicada?
Son algunhas das preguntas que se traballarán ó longo de cinco xornadas, do 7 ó 11 de outubro, en horario de 20 a 22 horas e no Centro de Servicios Sociocomunitarios Casco Vello (Oliva 12).
O curso estará a cargo de Jorge Fente Balsa, sociólogo especialista en organización asociativa e dinámica de grupos, quen seguirá unha metodoloxía que privilexia o carácter práctico dos coñecementos e habilidades aprehendidas, partindo da realidade das asociacións participantes. Ademais da metodoloxía nas clases, facilitarase documentación para a consulta, que servirá de guieiro para afondar na participación en cada asociación ou entidade.