O Servicio de Axuda no Fogar atendeu o ano pasado a máis de 600 persoas
619 persoas foron atendidas o ano pasado polo servicio de axuda no fogar que presta a concellería de Benestar Social. O servicio está dirixido ás persoas con disfuncións ou discapacidade que constitúan unha limitación da súa autonomía persoal dificultando o benestar físico, psíquico ou psicolóxico.
O servicio, que se ofrece a través dun convenio de colaboración coa Cruz Vermella, presta atención persoal, aseo, control médico, compañía: atención doméstica, limpeza e mantemento da vivenda, compra e preparación de alimentos: atención de carácter psico-social e educativo e atencións complementarias como asesoramento xurídico ou transporte adaptado.
Os sectores de poboación no que se centra este servicio son terceira idade, minusválidos e familia.
A media de idade dos usuarios é de 76 anos. A problemática máis numerosa é a diminución física que supón un 41% do total: un 35 % dos usuarios padece algunha enfermidade orgánica. Un 14 % sofre situacións de soidade e o 10 % padece diminución psíquica.
A maioría dos servicios prestados son de tipo asistencial: tarefas do fogar (14%), compra de alimentos (9%), debido á limitación da autonomía. Un 22 % son servicios de acompañamento e un 23 % tarefas de atención persoal.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, destaca que o máis salientable da súa concellería é o traballo coas persoas, con tódalas persoas, cara a posibilitar a mellora da calidade de vida e a participación e integración de todos e particularmente dos que teñen menos oportunidades.