Escoitar

Comezan as probas da Oferta Municipal de Emprego Público

martes, 24 set 2002
Cos exames para a cobertura de postos de gardas da Policía Local principiaron hoxe as probas de selección dos aspirantes a cubrir as 55 prazas incluidas na Oferta de Emprego Público do Concello de Vigo. Trátase da oferta de emprego público máis nutrida entre as que se convocaron nos concellos de Galicia.

As prazas ofertadas son as seguintes:
3 suboficial da Policía Local
26 garda da Policía Local
5 bombeiro
3 conductor-bombeiro
1 técnico de administración xeral
3 técnico de sistemas
1 técnico medio de servicios económicos
1 inspector auxiliar de urbanismo
4 administrativos de administración xeral
1 auxiliar de administración xeral
1 oficial albanel
1 oficial conductor
1 oficial sepultureiro
1 oficial xardineiro
3 axudante de oficios

En total foron 722 as solicitudes presentadas. A meirande parte delas, 232, son de aspirantes a bombeiro. 133 persoas optan ás prazas de garda da policía local, 107 ás de conductor-bombeiro e 54 ás de axudante de oficios.

Tódolos aspirantes deberán superar unha proba teórica, unha práctica e un exame de galego. Hoxe comezaron as probas sicotécnicas dos gardas da Policía Local. Principiouse pola selección dos axentes da policía porque estes deberán realizar un curso da Academia Galega de Seguridade antes de se incorporar aos seus postos.