Escoitar

Córtase ao tráfico a rúa Gil entre Ronda de Don Bosco e Manuel Núñez

martes, 24 set 2002
A rúa Gil, no tramo entre Ronda de Don Bosco e Manuel Núñez, cortarase ao tráfico a partir de mañá mércores, 25 de setembro, a causa das obras de humanización do contorno do Museo de Arte Contemporánea. Deste xeito, os vehículos non poderán acceder desde Ronda de Don Bosco ata Urzáiz, polo que deberán utilizar como itinerarios alternativos a rúa Loriga ata Ecuador ou a rúa Doutor Cadaval ata a Porta do Sol. Esta medida non lles afectará aos conductores de María Berdiales, que saíran pola rúa Magallanes ata Urzaiz ou cara arriba por Ronda de Don Bosco.

Ademais da rúa Gil, entre o MARCO e Manuel Núñez, quedará cortado ao tráfico, unicamente en sentido descendente, o treito de Ronda de Don Bosco comprendido entre Loriga e Gil.

Tralas obras, a Ronda Don Bosco, na súa entrada por Príncipe, terá uso exclusivamente peonal ata a rúa Gil. Dende aí ata Progreso manterá un só carril de circulación. Todo o contorno do Marco será pavimentado con granito e contará con arborado e novo mobiliario urbano. Estas obras estarán rematadas antes da inauguración do Marco, o 16 de novembro.