Escoitar

O Centro de Inclusión Social conta desde hoxe cos servizos de Centro de Día e Lavandería

O Centro de Día e a Lavandería están desde hoxe luns á disposición dos usuarios do Centro de Inclusión Social impulsado polo Concello de Vigo. Tal e como dixo o rexedor, trátase dunha xornada "significativa para a solidariedade de Vigo", ao tempo que destacou que o albergue e o comedor "traballan a pleno rendemento".

luns, 28 xan 2013
1359377894alcalde6.jpg
Abel Caballero comezou a súa comparecencia de prensa destacando o día de hoxe "como moi significativo para a solidariedade de Vigo", en alusión a posta en funcionamento do Centro de Día e da Lavandería nas instalacións de Marqués de Valterra. Tal e como avanzou, o servizo de Centro de Día inclúe 20 prazas con atención sicosocial, actividades formativas e ocupacionais, así como de rehabilitación social.

Durante a rolda de prensa, Caballero destacou que outros servizos como o comedor e o albuergue "funcionan a pleno rendemento", tendo en conta, por exemplo, que o pasado día 21 de xaneiro, se ofreceron 71 comidas e, no que respecta ao servizo de pernocta, o pasado día 24 durmiron 27 persoas, unha cifra que se elevou a 45 o pasado 20 de xaneiro.
Descargar todas as imaxes