Vigo participa nun proxecto internacional de mellora do tráfico de 2,5 millóns de euros
Abel Caballero avanzou a participación de Vigo en Compass4D, un proxecto internacional de mellora do tráfico nas cidades en colaboración con outros 6 países europeos. Nesta iniciativa, dotada de 2,5 millóns de euros, participa o Concello e outras empresas de transporte da cidade, como Vitrasa.
O Concello de Vigo e distintas empresas do ámbito da automoción e o trasporte, como Vitrasa, participan nun proxecto internacional para mellorar o tráfico en grandes cidades. Dotado con 2,5 millóns de euros, Compass4D contribuirá, segundo dixo o rexedor, a que Vigo poida ser pionerio en sistemas telemáticos ou informáticos de apoio que permitan que a información que se recibe los centros de control se distribúa entre os conductores facilitando, por exemplo, rutas alternativas en calquera momento do día ou da noite.
Descargar todas as imaxes