Parques e Xardíns repón as plantas na praza de Independencia e Pintor Lugrís
A Concellería de Parques e Xardíns porá un valado no patio de Cachamuíña para impedir o acceso ao céspede e permitir a súa recuperación. Esta actuación enmárcase nas obras de reposición de plantas en xardineiras da praza da Independencia e masas arbustivas en Pintor Lugrís.
O concelleiro Henrique Vieitez fai un chamamento para o coidado das novas plantas, xa que é a cuarta vez que se repoñen. Ademais, solicita unha actitude de colaboración cidadá para manter o céspede no contorno do monumento en boas condicións.
Plantáronse 200 arbustos e viváceas entre os que destacan juniperus, callunas, ericas, azaleas e roseiras, entre outras especies. A nova xardineira de Pintor Lugrís ocupa unha superficie de 74,85 m2 co obxectivo de mellorar o contorno e ofrecer unha imaxe máis agradable para os cidadáns da zona.
A praza da Independencia, tralo proceso de humanización, converteuse nun lugar moi frecuentado polos cidadáns debido a estar encravada nun entorno urbanizado e á necesidade de ofrecer espacios abertos para o paseo e o tempo de lecer.
Descargar todas as imaxes