Escoitar
O IMD e a Universidade de Vigo poñen en marcha o segundo dos cursos do programa ”En forma-acción”

O curso ”Practicando márketing deportivo” convoca a máis de 75 alumnos

xoves, 17 out 2002
A demanda para participar nesta actividade formativa, organizada pola Concellería de Deportes e o Servicio de Deportes da Universidade de Vigo, desbordou as previsións dos organizadores que se viron na obriga de ampliar a 75 o número de alumnos admitidos neste curso de 24 horas de duración e que ten recoñecido 1 crédito de libre elección.

Este curso, eminentemente práctico e participativo, pretende iniciar os asistentes nas técnicas e estratexias máis concretas do márketing aplicado ao deporte. Está coordinado por José Ángel Otero Lamas (I.M.D. Concello de Vigo) e Javier Rial Boubeta (Servicio de Deportes. Universidade de Vigo).

Está dirixido a directores e responsables de centros deportivos, xestores de empresas que comercializan e ofrecen productos e servicios deportivos, responsables de entidades deportivas, directivos e técnicos que colaboran na organización de clubes, estudiantes universitarios de Educación Física, alumnos de TAFAD, titulados e interesados en xeral en aspectos relacionados coa xestión do deporte.

Entre os obxectivos xerais do curso está achegar o márketing e as súas técnicas e recursos como elemento esencial para unha eficaz comercialización de productos e servicios en empresas de servicios deportivos, clubes e asociacións, eventos deportivos, introducir estratexias para a promoción da imaxe da entidade, presentar as técnicas para a captación de colaboradores e patrocinadores.

O curso, que se presenta como actividade formativa para as persoas que traballan en clubes e centros deportivos, celebrarase no Edificio Coca Cola da avenida de Madrid os venres pola tarde e os sábados en xornadas de mañán e tarde durante as vindeiras dúas fines de semana.

Programa do curso

1ª XORNADA. VENRES TARDE
18.00 horas-Presentación do curso. Referencia ós obxectivos do curso e presentación de asistentes.
18.30 horas-Relatorio nº1: “Caracterización do Marketing das entidades deportivas” (Prof. Carlos Campos López: Universidade de Extremadura)
20.00 horas-Descanso
20.30 horas-Relatorio nº2: “A elaboración do proxecto de patrocinio: contidos, estructura e estratexias de presentación” (Prof. Carlos Campos López –Universidade de Extremadura)
22.00 horas-Fin da xornada

2ª XORNADA: SÁBADO MAÑÁN
10.00 horas-Relatorio nº3: “Cómo preparar a nosa organización para o desenvolvemento de accións de márketing. Recursos humanos e análise DAFO” (Prof. Carlos Campos López – Universidade de Extremadura)
12.00 horas-Descanso
12.30 horas-Relatorio nº4: “Calidade, productividade e recursos humanos no servicio deportivo”. (Prof. Carlos Campos López – Universidade de Extremadura)
14.00 horas-Fin da xornada

3ª XORNADA: SÁBADO TARDE
16.30 horas-Relatorio nº5: ”O patrocinio dende a óptica do patrocinador”. (D. Juan Díaz Arnau –Xefe de Planificación e Estudios de Caixanova)
18.00 horas-Descanso
18.30 horas-Relatorio nº6: “¿Como captamos a atención dos medios de comunicación?. Propostas concretas”. (Juan Manuel García Bouzas – Periodista deportivo da TVG)
19:30 Práctica nº 1: “Elaboración do Plano de Comunicación. Proposta dun exemplo práctico” (D. Juan Manuel García Bouzas – Periodista deportivo da TVG)
20.30 horas-Fin da xornada

4ª XORNADA. VENRES TARDE
18.00 horas-Relatorio nº 7: “A importancia da imaxe corporativa no deporte” (Prof. Alberto García Carreira – Universidade de Santiago de Compostela)
20.00 horas-Descanso
20.30 horas-Mesa redonda con reponsables de empresas patrocionadoras: “O valor do deporte dende do patrocinio”
22.00 horas-Fin da xornada

5ª XORNADA: SÁBADO MAÑÁN
10.00 horas-Relatorio nº8: ”Comercialización de eventos deportivos”. (Especialista en Eventos Deportivos do Departamento de Marketing de Coca Cola)
12.00 horas-Descanso
12.30 horas-Práctica nº 2: Análise dos traballos sobre o caso práctico. (Prof. Lorenzo Rodríguez Comesaña - Universidade de Vigo)
14.00 horas-Fin da xornada

6ª XORNADA: SÁBADO TARDE
16.30 horas-Relatorio nº9: “Márketing dirixido ó cliente. Ofrecendo sempre un servicio e un valor engadido” (Prof. Lorenzo Rodríguez Comesaña - Universidade de Vigo)
18.00 horas-Descanso
18.30 horas-Elaboración das conclusións
20.30 horas-Clausura do curso e entrega de diplomas.