Adxudicado o servicio de instalación de colectores de lixo e papeleiras
Aprobouse a proposta de adxudicación do servicio de instalación, reposición e mantemento de colectores e papeleiras á oferta presentada pola UTE formada Contenur España e Otto Industrial e Medioambiente por unha contía de 1.911.662 euros.
No prazo de 6 meses teñen que repoñerse 4.433 colectores de lixo e 4.000 papeleiras con homologación da normativa europea. A empresa adxudicataria ten que ocuparse tamén da limpeza, desinfección e mantemento dos colectores e da reposición daqueles que estean danados
Sistema de telecontrol
O pleno autorizou ao alcalde a asinar un convenio de colaboración entre o Concello, a Xunta e Augas de Galicia para a instalación dun sistema de telecontrol da calidade das augas do río Lagares.
Coa posta en funcionamento deste sistema poderanse controlar en tempo real os vertidos que se realizan á rede de saneamento e detectar se está chegando algún vertido ao río Lagares.
Augas de Galicia realizará os trámites pertinentes para proceder á contratación do proxecto técnico e á posterior licitación das obras. Ademais, dirixirá, executará e coordinará as actuacións necesarias para a execución do proxecto e, trala recepción das obras, o Concello de Vigo asumirá a explotación, mantemento e conservación do sistema.
O custo das actuacións contempladas é de 505.000 euros, dos que Augas de Galicia achegará 353.500 euros e o Concello de Vigo 151.500 euros.
Publicidade exterior
Aprobouse inicialmente unha ordenanza que regula a publicidade exterior no municipio de Vigo pola que se prohibe a publicidade realizada mediante carteis, octavillas ou etiquetas fixada sobre edificios, árbores, monumentos ou elementos de mobiliario urbano.
A ordenanza establece que non se permiten as instalacións publicitarias en edificios declarados “Bens de interese cultural” ou catalogados no planeamento urbanístico de Vigo. Tampouco se permite nas zonas verdes e no espacio ordenado polo Plan Especial do Corredor Natural do río Lagares.
Limítase a colocación de anuncios luminosos sobre os edificios e prohíbese expresamente nos ámbitos do Pepri Casco Vello e do Pepri de Bouzas. Prohíbese a colocación de publicidade en solo de titularidade municipal agás nos casos e condicións que determine o Concello.
Prohíbese a utilización dos báculos de alumeado público, as sinais de circulación e os rótulos viarios como soporte publicitario. Tampouco se poderán colocar carteis indicativos en solo público con mención de marcas, logotipos ou nomes de establecementos.
Todos os elementos de publicidade exterior están suxeitos a previa licencia municipal de obras e instalacións. Somente quedan excluídos desta obriga: as placas identificativas de dependencias públicas, hospitais e actividades profesionais colocadas a carón das portas de acceso: as bandeiras e elementos representativos de paises, organismos oficiais, centros culturais, relixiosos, deportivos, políticos ou colexios profesionais: os anuncios colocados no interior dos establecementos comerciais: e os anuncios que indiquen a venda ou aluguer dun inmoble.
Fíxanse normas para a colocación de publicidade nos edificios (fachadas, cubertas e medianeiras). Establécense as condicións para instalar soportes publicitarios en inmobles durante a execución de obras de limpeza, mantemento ou rehabilitación. Nos terreos sen uso, establécense as características dos soportes que se poden utilizar e os lugares onde poden emprazarse.
Créanse un Rexistro de empresas de publicidade e unha Comisión Técnica Asesora de Publicidade e establécese un rexime sancionador que prevé multas de ata 3.000 euros e a retirada dos soportes publicitarios.
Descargar todas as imaxes