O Concello axardinará o contorno do pavillón polideportivo de Valadares
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto elaborado pola Concellería de Parques e Xardíns para axardinar 5.000 m2 no contorno do polideportivo de Valadares. O Concello vai investir nesta actuación 48.000 euros.
A intención do Goberno municipal é a de acondicionar para uso público os arredores do polideportivo, tendo en conta que nesa mesma zona vaise construir proximamente un novo centro cultural, o que atraerá máis persoas a ese punto da parroquia. Ademáis de axardinar a superficie, o proxecto prevé a limpeza e acondicionamento do regato que percorre a zona. Tamén se plantarán árbores de ribeira e se instalará un sistema automático de rego. O novo parque contará cunha zona de xogos infantís rodeada de toros de madeira.
Adxudicadas obras de mellora de rúas
A Comisión de Goberno adxudicou obras de reposición do pavimento en varias rúas da cidade por valor de 109.510 euros. As rúas nas que se renovará o firme son a Baixada á praia de Saians, o camiño Macal (Castrelos) e a rúa Mantelas.
Asemade, o Goberno adxudicou por un prezo de 75.162 euros a obra de renovación de beirarrúas na rúa Venezuela. O treito de Venezuela onde se vai actuar é o comprendido entre Blein Budiño e Joaquín Loriga. Desta maneira, completarase o proceso de mellora que comezou o pasado ano e que xa foi executado na súa meirande parte. As obras consisten na eliminación de barreiras arquitectónicas, o acondicionamento das entradas aos garaxes, a creación de zonas de carga e descarga e a mellora estética do pavimento das beirarrúas.