Inaugurado o Museo do Mar de Galicia
O alcalde, Lois Castrillo, asegurou que o Museo do Mar de Galicia se converterá nun símbolo dunha cidade que comeza a crear un modelo no que adquiren protagonismo a cultura, a natureza e o lecer.
Discurso do alcalde no acto de inauguración
En 1702 era Vigo unha pequena vila asomada á ría que leva o seu nome. Apenas uns centos de persoas se refuxiaban no interior dunhas murallas que constituían o maior fito arquitectónico dun pobo de pescadores.
Dende entón Vigo mantén un carreira constante que co paso dos anos a levou a se converter nunha das cidades máis puxantes da fachada atlántica europea. Hoxe a imaxe de Vigo é a dunha urbe en continuo crecemento, que reafirma día a día o seu liderado demográfico e económico en Galicia.
Nesa carreira cara o progreso, Vigo tamén compite no terreo cultural. Nos últimos anos a nosa cidade albisca xa como unha realidade a posta en marcha dos grandes equipamentos que precisaba para dar acubillo á súa inxente producción artística e literaria e para dar unha acaída satisfacción á demanda dos seus cidadáns.
O enorme pulo da nosa urbe e a colaboración inter-institucional estanos permitindo superar o vello déficit de infraestructuras culturais que Vigo arrastraba. Estamos impulsando un novo modelo de cidade apoiado na creación destes novos equipamentos: un modelo no que a cultura, o lecer e o medio natural adquiren protagonismo para acompañar o crecemento da maior cidade de Galicia.
Vigo comeza a contar cunha completa rede de espacios culturais que farán máis acolledora a cidade para os que nela vivimos e moito máis atractiva para quen nos visita. Nesa rede de equipamentos este museo será unha peza significativa.
A capital europea da pesca, a sede da máis potente industria transformadora de productos do mar do continente, a que foi durante anos cidade de partida dos novos colonizadores de América tiña que recoller toda esa vocación mariñeira nun espacio cultural. O Museo do Mar cumpre con ese papel. Este vai ser o referente cultural de todo o mundo do mar de Galicia.
Ao percorrer as salas desta xenial obra arquitectónica ou cando ollo a súa silueta enxalzando a costa viguesa, non teño dúbidas de que o traballo do lamentablemente desaparecido Aldo Rossi e de César Portela, se convertirá co paso dos anos nun dos principais elementos simbólicos da nosa cidade. O Museo que se ergue sobre terreos cedidos polo Concello será un dos emblemas desta ría e ao mesmo tempo funcionará como unha ventá aberta ao mar que convidará aos vigueses e viguesas a achegárense a el, a ollar a ría dende a beira, a valorar e amar o noso mellor patrimonio natural.
O Museo do Mar pasará a formar parte da iconografía da nosa cidade da mesma maneira que a batalla que se desenvolveu hai trescentos anos na ría de Vigo está fixada no imaxinario colectivo das nosas xentes. Durante séculos Vigo foi coñecido no mundo por ser o escenario dunha magna confrontación bélica. Máis ca no significado estratéxico da batalla, o recordo daquel acontecemento histórico quedou fixado no extraordinario botín que a lenda e a literatura de Verne situaron no fondo da ría.
A exposición sobre a batalla de Rande é a mellor presentación para unha dotación cultural que dende hoxe se suma ao patrimonio cultural de Vigo e de Galicia. Unha dotación que ademáis contribúe a recuperar unha zona significativa do litoral da nosa cidade, engarzándoa nese ambicioso proxecto no que estamos empeñados e que consiste en rexenerar toda a costa dende Saians ata Teis convertendo a fachada marítima da cidade nun auténtico espacio de lecer para todos os cidadáns.
Cómpre pois que nos felicitemos todos por poder gozar xa desta obra que reforza a oferta cultural da nosa cidade, que enriquece o noso patrimonio arquitectónico e que contribúe a dignificar e revitalizar o noso litoral.
Descargar todas as imaxes