O Fondo Social Europeo aprobou o proxecto ”Compás” promovido pola Mancomunidade de Vigo
O Fondo Social Europeo, dentro do Programa da Iniciativa Comunitaria EQUAL, concedeulle unha axuda de 2.141.143,35 euros ó proxecto ”Compás” da Mancomunidade de Vigo. O custe total deste proxecto é de 2.854.857,80 euros.
O proxecto ”Compás” é un dos doce concedidos en Galicia e conta co investimento máis alto, 2.854.857,80 euros (475 millóns de pesetas). Cunha duración prevista de 30 meses, persegue a mellora da ocupabilidade dos habitantes da Área Metropolitana que se atopan nunha situación de desvantaxe en relación co acceso ó mercado laboral.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, é o delegado da MAIV para o proxecto ”Compás”, despois de que a Comisión de Goberno deste organismo intermunicipal acordase este nomeamento por unanimidade no pasado mes de decembro.
Neste proxecto, ademais da MAIV, participan a CEP, os sindicatos CC.OO, CIG e UGT, a Deputación Provincial e Caixanova.