A ”Feira do verán” enche a ludoteca da Casa da Xuventude
Unha media de 60 rapaces de sete a doce anos participan diariamente nas actividades lúdicas que se realizan na Casa da Xuventude durante este mes de xullo dentro do programa ”Verán Xove 2002” da Concellería de Deportes e Xuventude. As actividades desenvolvidas nas ludotecas como a ”Festa do verán” teñen moita aceptación.
Esta semana estase levando a cabo a ”Feira do verán” na que os nenos e nenas no patio da Casa da Xuventude teñen tenderetes con tómbolas, rifas, carreiras de sacos e ó final da tarde sempre hai un sorteo onde o afortunado gañador da rifa recibe unha sorpresa. Para rematar esta semana de feira, o vindeiro venres celebraranse os cumpreanos dos nenos que naceron no mes de xullo.
A semana que vén visitarán o Aquapark de Cerceda, na Coruña. Pero o que máis esperan os rapaces é a ”Festa porca mollada” que será o 30 de xullo pola tarde e os rapaces disfrutarán dun obradoiro de perruquería con mascarillas naturais a base de ovos e productos naturais e manchadizos así como de probas resbaladizas para rematar cunha ducha a mangueirazo limpo.
Á parte de tanta festa tamén hai un programa de ”Apoio educativo e animación á lectura” no que os rapaces durante unha hora e media polas mañás fan repaso das súas tarefas escolares e cada semana anímanos á lectura con diferentes motivos, como ler un conto e traballar sobre el. Mediante xogos, concursos de contos ou a ”Gymkhana de libros” os rapaces teñen que contestar preguntas sobre unha selección de libros que teñen que buscar na biblioteca.
Celebrarase ademais o III Campionato de Xadrez-Damas, unha das actividades máis reñidas onde os nenos e nenas participán durante todo o mes.