A última obra de Penck exhíbese na Fundación Laxeiro
Por vez primeira en Galicia pódese ver unha exposición individual do artista alemán A.R. Penck que permanecerá aberta do 16 de xullo ata o 1 de setembro na sede da Fundación Laxeiro en Vigo. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e o xerente da Fundación, Javier Buján, presentaron esta mostra de pictogramas de iconografía primitivista moi representativa da traxectoria de Penck.
Príncipe destacou que a Fundación pretende, entre os seus obxectivos, manter vivo o recordo de Laxeiro, servir de plataforma para novos artistas galegos e fomentar a universalidade do pintor. Nesta última faceta está a busca de artistas internacionais relacionados coa arte galega como o movemento Atlántica, que renovou a plástica galega nos anos 80, conxugando a procura das raíces culturais propias coa apertura cara a un panorama artístico internacional. Certos momentos da obra de Laxeiro teñen unha evidente afinidade coa de Penck: non é estraño, pois, que ámbolos dous artistas resulten ser referentes fundamentais para o movemento Atlántica.
Composta por nove acrílicos sobre tea dos anos 1999 e 2001, con medidas que van desde os 50x50 cm ata 1’60x1’20 cm, esta exposición mostra como as constantes do discurso de Penck que o colocaron no panorama artístico mundial do último tercio do século XX, seguen estando presentes na súa producción máis recente. Os seus famosos pictogramas antropomorfos que el difiniu como estandars e o seu estilo compositivo, caracterizado por un certo “horror ó baleiro” e fortes contrastes cromáticos son o sinal de identidade deste artista xermano.
Ralf Winkler (Dresde, 1939), de nome artístico A.R.Penck, forma parte do grupo de artistas alemáns chamado Novos Salvaxes que nos anos 80 conforma, xunto coa Transvangarda Italiana e os movementos norteamericanos da Bad Painting, Pattern & Decoration e cos pintores novos figurativos con base en Nova York, as primeiras tendencias da postmodernidade artística, caracterizadas por unha revitalización de xéneros tradicionais como a pintura e a escultura, e pola volta á figuración e ós contidos narrativos, expresivos e subxectivos.
Na Alemaña únense a tradición expresionista, a crítica socio-histórica achegada por Joseph Beuys e a deconstrucción dos recursos formais da pintura: neste contexto, Penck presenta unha imaxe esquematizada e expresiva, feita de pictogramas nos que conflúen o primitivismo de raíz antropolóxica, o mundo da cibernética e a estética do grafitti.
Na súa obra vense reminiscencias de Dubuffet e Torres-García e encóntranse paralelismos con contemporáneos como Haring e Basquiat.
Comisariada polo director da Fundación, Javier Buján, o catálogo da exposición vai acompañado dun interesante e extenso texto do crítico portugués Eduardo Paz Barroso, no que o autor fai un percorrido por toda a traxectoria de Penck e contextualiza a súa obra no panorama cultural alemán e europeo.
A exposición, que poderá visitarse ata setembro, completa a oferta estival da Fundación Laxeiro na que tamén pode verse a exposición da colección permanente e a mostra que, co título: “Laxeiro, debuxos inéditos” achéganos á faceta máis procesual do artista galego.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes