Escoitar

Cambio de sentido na rúa Doutor Cadaval

luns, 15 xul 2002
imx1665.jpg
Doutor Cadaval
O concelleiro de Tráfico, Xoaquín de Acosta, anunciou novas medidas do Plan de Tráfico adoptadas entre a Policía local e os responsables da Sala de Tráfico tralo estudio e seguimento da situacións presentadas. Na Gran Vía prohibirase o estacionamento baixando da praza de España á praza de América, para o que se habilitará unha zona de carga e descarga, e cambiarase o sentido en Doutor Cadaval.

O Plan de Tráfico para a tempada estival estima necesarias algunhas correccións en función das observacións realizadas. Cubríronse as expectativas coa presencia policial naqueles puntos nos que era necesaria en horarios concretos, polo que se deduce que os puntos seleccionados foron os adecuados, afirmou De Acosta.

Na Gran Vía detectáronse problemas de retencións, debido ó aparcamento ilegal en dobre fila en dirección praza de España ata praza de América a pesar de levar menos tráfico que subindo en sentido contrario. Por este motivo, decidiuse prohibir o estacionamento habilitando unha zona de carga e descarga.

Debido ó retorno de numerosos vehículos que acoden ás praias e ó aparcamento en condicións non permitidas na avenida de Castelao, existen retencións polo que o Plan de Tráfico recomenda a utilización da A-57 para o retorno desde Baiona.

Outra das medidas que se adoptarán será o cambio de sentido da rúa Doutor Cadaval para enlazar María Berdiales coa Porta do Sol, que suple a saída de Velázquez Moreno.
Descargar todas as imaxes