Éxito de colaboración cidadá na limpeza do Lagares
O concelleiro de Montes, Parques e Xardíns, Henrique Vieitez, agradeceu a colaboración dos cidadáns que participaron na limpeza do río Lagares durante a pasada fin de semana. Vieitez destacou, ademais, o incremento de persoas asistentes con respecto a anteriores convocatorias debido ó traballo conxunto por parte do Concello de Vigo e das asociacións veciñais e ecoloxistas.
”Por un Lagares vivo” é o lema da campaña promovida pola Concellería de Montes, Parques e Xardíns en colaboración con Adega, Erva, Cespa e asociacións veciñais co obxectivo de fomentar a concienciación cidadá para a recuperación do río. Nesta limpeza do leito, complementaria ás actuacións de recuperación das marxes do río emprendidas polo Concello, participaron asociacións veciñais de Coruxo, Comesaña, Navia, Cabral, Lavadores e Val do Fragoso.
”O Concello e os colectivos traballamos no mesmo sentido de recuperación do río co obxectivo de pór en valor este espacio natural polo que se obtiveron uns óptimos resultados de participación”, sinalou Vieitez.
Debido ó éxito conseguido, retomarase esta campaña en setembro contando coa colaboración de asociacións ecoloxistas e veciñais. Será entón cando se realice a divulgación da flora e da fauna do Lagares e se dea a coñecer o papel que cumplen no ecosistema propio dun río. Vieitez anunciou tamén que se estudiará a posibilidade de estender esta iniciativa a outros ríos e parroquias viguesas.
Esta campaña, ademais de fomentar a limpeza do río e o coidado do entorno natural, servirá para dar a coñecer o Lagares e conseguir un novo espacio para o lecer. Neste sentido, a Concellería de Montes, Parques e Xardíns xa realizou actuacións de recuperación das beiras do río Lagares necesarias para conseguir que sexa un lugar destinado ó paseo e ó disfrute dos cidadáns en contacto directo coa natureza.
As primeiras análises dos resultados deste traballo de acondicionamento das marxes do río demostran que se produciu o aniñamento de aves acuáticas que desapareceran, o aumento da biodiversidade e o consecuente restablecemento do ecosistema, polo que se fai necesaria a limpeza do cauce do río para complementar esta actuación da Concellería de Montes, Parques e Xardíns.