Emprego e a Federación de Vela asinan un convenio para darlle continuidade ó proxecto ”Mar de Vigo”
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández, e o presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez Santos, asinaron un convenio de colaboración para a promoción dos deportes náuticos e da navegación en embarcacións tradicionais mediante a cesión do uso de diferente material e instalacións da Escola Obradoiro “Mar de Vigo”.
Este convenio pretende darlle continuidade ó labor de promoción social, cultural e económico desenvolvido por esta escola obradoiro que foi xestionada pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego dende xullo de 2000 ata decembro de 2001. Este convenio naceu para relanzar profesións que son oficios case que en vías de desaparición e teñen un oco no mercado de traballo derivado da falta de profesionais especializados, como naquelas outras de nova creación que xorden hoxe das necesidades e novos hábitos da sociedade.
Na escola obradoiro “Mar de Vigo” formáronse 60 alumnos e alumnas en diferentes especialidades (Carpintería de ribeira, Novas tecnoloxías na construcción naval, Actividades marítimo-turísticas, Experto en instalacións náutico-deportivas) e a obra realizada dirixiuse á construcción, posta a punto, conservación e mantemento de diferentes tipos de embarcacións tradicionais (bote polbeiro, gamela coruxeira...) e de vela lixeira, ademais da realización de exposicións e actividades relacionadas co mundo do mar.
A experiencia da implementación do proxecto Escola Obradoiro “Mar de Vigo” foi enormemente positiva, polo que se presentou un novo proxecto de Escola Obradoiro “Mar de Vigo 2”.
Descargar todas as imaxes