Escoitar

A Casa da Xuventude abre unha mostra de arte do Club Xoves pola Saúde

martes, 16 xul 2002
Unha mostra de traballos infantís realizados polos membros do Club Xoves pola Saúde, pertencente á Asociación Española Contra o Cancro, abrirá o mércores 17 de xullo na Casa da Xuventude. Os traballos que se amosan son froito dos obradoiros que realizan as rapazas e rapaces do club durante o ano e, entre outras cousas, pódense atopar murais, traballos en cerámica, debuxos e pinturas, e outras moitas curiosidades.

As obras permanecerán expostas ata o venres 26 de xullo e poderán contemplarse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora, nº 31.

Esta será a última mostra, dentro do programa Mirarte organizado pola Concellería de Xuventude, que se realizará na Casa da Xuventude ata o mes de setembro, pechándose así unha rolda que comezou en abril. No mes de agosto a sala permanecerá pechada na espera dunha nova quenda con novos artistas da cidade.


Ficha

Club de Xoves pola Saúde
Título: ”A súa saúde”
Pintura e manualidades de nenos.
Descripción: Exposición de traballos dos obradoiros dos clubes de xoves pola Saúde de Vigo e Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro
Datas: do 17 ó 26 de xullo de 2002

MIRARTE

CLUB XOVES POLA SAÚDE