Participantes de ”Asiste” fan prácticas en escolas infantís e centros de educación especial
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández, asinou seis convenios de colaboración con escolas infantís e centros de educación especial, onde farán as prácticas profesionais quince das mulleres desempregadas que, no marco do proxecto “Asiste”, se forman como auxiliares de atención á infancia.
Este grupo de beneficiarias pasará así a desenvolver as súas prácticas en centros privados e de educación especial, despois da súa experiencia nos colexios públicos da cidade, completándose o itinerario formativo na súa especialidade con nenos e nenas menores. Neste senso, lembrar que un acordo do pasado mes de agosto coa delegación da Consellería de Educación o Ordenación Universitaria facilitou a colaboración entre “Asiste” e o sector público educativo.
A fase de prácticas completa suporá un total 300 horas, durante as que estas quince alumnas deste proxecto europeo porán en práctica nun ambiente real de traballo a teoría aprendida que abarca os módulos de “Psicoloxía evolutiva”, “Autonomía persoal e saúde”, “O xogo” e “Infancia e multiculturalidade”.
Hai que destacar que tanto as alumnas da especialidade de “Atención á infancia”, como as de “Atención á terceira idade”, contan na fase das prácticas con titores/as designados polo proxecto co obxecto de apoiar tecnicamente ás alumnas, ó tempo que controlarán o nivel de asistencia e avaliarán o desenvolvemento da formación concertada.
O “Asiste” conta cunha subvención do Fondo Social Europeo que ascende a un 70% do coste total do proxecto (615.995 €), tendo que aportar o Concello de Vigo o 30% restante (263.998 €). Promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, comezou a súa andadura no mes de abril, traballando en dúas direccións formativas, atención á infancia e á terceira idade, con mulleres maiores de 45 e menores de 25 anos, cunha formación académica baixa e cunha antigüidade no desemprego de máis dun ano. A peculiaridade do proxecto é a incorporación gradual das beneficiarias ó proxecto para acadar un seguimento máis personalizado no itinerario formativo.
Descargar todas as imaxes