Escoitar
Concederanse axudas para rehabilitar 50 vivendas

Aprobada a cuarta fase do programa de rehabilitación de vivendas do Barrio Histórico

xoves, 26 set 2002
imx1798.jpg
Vivendas do Barrio Histórico
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu o seu visto e prace ao convenio que permitirá abordar a cuarta fase do programa de rehabilitación de vivendas do Barrio Histórico. Este convenio, que asina o Concello co Instituto Galego da Vivenda e Solo, permitirá conceder axudas para a rehabilitación de 50 vivendas.

Os proxectos que se subvencionarán terán un importe económico de 1.269.095 euros, dos que o IGVS e o Ministerio de Fomento aportan 360.607 euros. A Oficina creada polo Concello para xestionar o programa de rehabilitación de vivendas será a que escolla as accións subvencionables. Esta oficina leva xestionados nos últimos dous anos máis de cen proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas do Barrio Histórico vigués.

O goberno municipal ultima agora as negociacións coa Consellería de Política Territorial e co Consorcio da Zona Franca para desenvolver outro programa de rehabilitación máis ambicioso no que, ademais do Barrio Histórico, se incluiría tamén o núcleo da vila de Bouzas.
Descargar todas as imaxes