O Concello colabora na inserción laboral da poboación xitana coa sinatura dun convenio
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, asinou un convenio co presidente da Asociación Secretariado General Gitano, Pedro Puente Fernández, que regulará a colaboración do Concello de Vigo nas accións dirixidas á loita contra as dificultades de integración laboral da poboación xitana no marco dun programa europeo.
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, con esta sinatura, achega 4.900.000 pesetas para o desenvolvemento de actuacións en Vigo do Programa Operativo Plurirrexional 2000-2006 que, en 29 municipios de 13 comunidades autónomas, leva a cabo a Asociación Secretariado General Gitano.
A sinatura deste convenio enmárcase no Plan Municipal de Emprego 2000-2003, posto en marcha pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, e ten vocación de ser un punto de partida na necesaria coordinación entre tódolos axentes dedicados á loita contra o desemprego. Nese senso, a Asociación Secretariado General Gitano ten unha traxectoria acreditada no campo de acada-la inserción do colectivo xitano, cunhas peculiaridades e diferenciais culturais que requiren un traballo específico.
A colaboración prevista neste acordo, principalmente financiado con fondos europeos, versará especialmente sobre as materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso ó emprego, accións de sensibilización dirixidas a empresarios e entes públicos, e estudios e metodoloxía a aplicar ós programas. A Asociación Secretariado General Gitano porá en marcha no municipio de Vigo un dispositivo e atenderá á poboación xitana que habita no mesmo e na súa área influencia, coa finalidade da acollida, orientación, acompañamento e acceso deste colectivo á formación e ó emprego. Os beneficiarios destas actuacións serán persoas xitanas novas, desempregadas e en situación de exclusión social, con especial relevancia nos mozos e mozas de entre 16 e 25 anos.
Segundo establece o convenio, unha Comisión de seguimento, integrada por dous representantes de cada unha das partes asinantes, velará pola adecuada coordinación e cumprimento dos compromisos e obxectivos do texto. O Concello de Vigo con estas actuacións pretende xogar un papel vertebrador que facilite o acceso ó mercado de traballo en igualdade de oportunidades, incidindo na necesaria cooperación con tódolos axentes que están implicados no fomento do emprego.