O programa ”Móvete con Vigo” apoiará as iniciativas da xuventude

As concellerías de Xuventude, Deportes e Educación emprenden un programa destinado a colaborar co movemento cultural, deportivo e artístico da mocidade viguesa.
Para coordinar este programa, os responsables da Casa da Xuventude reuníronse cos orientadores dos institutos e o propio concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, mantivo xuntanzas cos directores dos centros de ensino secundario. Serán máis de 50 actividades propostas polo alumnado nas que poderán participaren tódolos interesados.
O investimento de catro millóns de pesetas servirá para darlle saída ás inquedanzas deportivas, culturais e artísticas dos mozos que, por falta de apoios, medios, instalacións ou locais non poden levalas á práctica.
Despois de Semana Santa celebrarase a ”Semana do Teatro”, na que colaboran as concellerías de Educación e de Xuventude cos centros de primaria e de secundaria, respectivamente. Un certame de pintura, actividades relacionadas co medio ambiente, un concurso radiofónico e outro de relato curto servirán tamén para fomentar as iniciativas da xuventude segundo os seus intereses.
Facilitan máis información no teléfono 986-294806, no e-mail xuventude@vigo.org e na web www.cibercastro.org
Descargar todas as imaxes