Escoitar
Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial do proxecto expropiatorio parcela "A2"-PXOM Praza de España

<br />

venres, 21 mai 2010
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 3 de maio de 2010, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta formulado pola Xunta de Compensación urbanizadora da "AOD A-4-06 PRAZA DE ESPAÑ" do PXOM de Vigo, referido exclusivamente á parcela de orixe "A.2" do plano parcelario desta Área de Reparto (Finca catastral nº 3255502NG2735N0001OK; Finca rexistral nº 43.656), situada no nº 23 da rúa Fernando Conde de Vigo, por non terse incorporado nin adherido a súa propietaria á Xunta de Compensación (Exp. 220/413).

Segundo: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada á propietaria interesada da folla separada de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poida formular as alegacións que estime oportunas.

Terceiro: Instar do Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co establecido no artigo 22 do Real Decreto 1093/97, do 4 de xullo; expediente que afecta á finca rexistral nº 43.656, inscrita nese Rexistro ó Tomo 1048, Libro 48, Folio 163".