Escoitar

Xabier Alonso da a benvida as seleccións galega e inglesa de balonmán, que se enfrontan mañá nas Travesas

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu este xoves aos integrantes das seleccións galega e inglesa de balonmán, que mañá se enfrontarán nun partido amigable que terá lugar no pavillón das Travesas ás 20.45 horas. Na recepción, que tivo lugar no Concello de Vigo, o nacionalista expresou o seu agradecemento á Federación Galega de Atletismo "por apostar e manter as competicións da selección galega".

xoves, 20 mai 2010
1274359022balonman.JPG
Xabier Alonso agradeceu aos deportistas a súa presenza en Vigo e lembrou que son "un espello para os máis novos nos que reflectirse". Neste sentido salientou a importancia de organizar eventos con equipos deportivos de elite que promocionen a práctica deportiva, pero tamén co obxectivo de dar continuidade ao deporte de base.

No acto, o concelleiro agasallou aos representantes dos equipos con cadanseu exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente. Este xesto foi correspondido polo capitán da selección inglesa, quen entregou un agasallo ao concelleiro co emblema da Tower of London, así como por un representante da Federación Galega de Balonmán, quen agasallou a Xabier Alonso cunha camiseta da selección.

"Este obsequio é moi especial para min, e o recollo con especial cariño", manifestou o responsable de Deportes. Xabier Alonso asegurou que o feito de que a Federación Galega de Balonmán aposte pola selección galega "amosa a súa sensibilidade, o cal é de agradecer".
Descargar todas as imaxes