Urbanismo acorda iniciar a redacción do proxecto do túnel de Julián Estévez
A Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión ordinaria deste xoves, adoptou a decisión de "iniciar a contratación do servizo de redacción do proxecto de execución do túnel de Julián Estévez". Segundo o acordo suscrito coa Xunta de Galicia, o Concello licita o devandito servizo, que financia o goberno autonómico. Urbanismo aprobou tamén o pago de 116.000 euros polo proxecto de ordenación do entorno da Praza do Rei, realizado polo arquitecto Rafael Moneo.
A Xerencia Municipal de Urbanismo, reunida este xoves en sesión ordinaria, acordou iniciar a redacción do proxecto do túnel de Julián Estévez, en Guixar, que será financiado pola Xunta de Galicia.
Segundo establece o acordo adoptado entre os gobernos de Vigo e de Galicia, a licitación da redacción do proxecto corre a cargo do executivo local mais os costes os asume a Xunta de Galicia.
Praza do Rei
Urbanismo tamén validou hoxe unha modificación do orzamento da Xerencia para costear os 116.000 euros do proxecto de ordenación do entorno da Praza do Rei, elaborado polo prestixioso arquitecto Rafael Moneo.