A Casa das Artes acolle unha exposición de pintura de paisaxes europeas e cubanas dos séculos XVII-XX
O público que visite a exposición poderá realizar un percorrido de case tres séculos pola evolución e desenvolvemento do xénero pictórico paisaxístico, a través de 68 obras. A mostra é un proxecto expositivo conxunto entre a sección de Arte Universal e de Arte Cubana do Museo Nacional de Belas Artes de La Habana.
A exposición fai unha revisión panorámica dun xénero conducida mediante núcleos cronoloxicamente organizados dende o século XVII ata os inicios do XX, e inclúe paisaxes campestres, urbanas e mariñas.
Entre os artistas seleccionados do século XVIII figuran os franceses Claude Joseph Vernet, pintor dos portos do rei, e Jean Pillemet, cronista social: e o italiano Franchesco Guardi, pintor de Venecia.
O século XIX inclúe visións prerrománicas do inglés Willian Turner, os acentos persoais do francés Corot e outros expoñentes da Escola de Barbizón, precursora da pintura ó aire libre: as mariñas de Franciso Hernández e as paisaxes románticas de Eugenio Lucas Velázquez e do galego Genaro Pérez Villaamil.
Do século XX a exposición ofrece as visións exóticas do italiano Zeopad e as imaxes campestres do alemán Richter.
A exposición está organiza pola Concellería de Cultura e Caja Duero, e poderase visitar ata o 6 de maio na planta baixa da Casa das Artes.
Descargar todas as imaxes