Boa acollida das actividades da campaña ¿Xogas?, en galego podemos
Continúa desenvolvéndose a campaña “¿Xogas?, en galego podemos” dirixida aos cativos e cativas de Vigo. Hoxe venres, as actividades comezarán ás 18:00 horas na Biblioteca Central (rúa Xaquín Yáñez nº6). A contacontos Paula Carballeira relatará contos tradicionais de Galiza.
O pasado venres, máis de cen cativos e cativas participaban no acto desenvolvido na lonxa do Concello. Esta boa acollida da programación que organizou o Concello xunto co colectivo Pais e Nais polo Ensino en Galego levou ao Departamento Municipal de Normalización Lingüística a artellar novas iniciativas.
As próximas actividades encadradas nesta campaña son as seguintes:
20 abril, venres, 18:00 horas. “Faíscas”. Biblioteca Central.
27 abril, venres, 18:00 horas. “Cabezolos”. Praza do Rei.
4 maio, venres., 18:00 horas. “Rivel Animación”.Praza do Rei.
Descargar todas as imaxes