Escoitar

A III Subida Cidade de Vigo de automobilismo celebrarase os días 29 e 30 nos montes de Bembrive e Beade

Os montes de Bembrive e Beade acollerán a vindeira fin de semana a terceira edición da Subida Cidade de Vigo de automobilismo, segundo adiantou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentación da proba, na que tamén participaron representantes da escudería Racing Sport, da Entidade Menor de Bembrive e da Comunidade de Montes de Beade, o concelleiro nacionalista salientou a preocupación da organización pola seguridade e o medio ambiente "para que Bembrive e Beade non sufran ningún tipo de problema á hora de disfrutar da proba".

mércores, 26 ago 2009
1251290348subida.jpg
O sábado, 29 de agosto, ás 15.30 horas terá lugar a presentación dos pilotos participantes no pavillón dos deportes de Beade; ás 16.30 horas está prevista a primeira manga de adestramentos para a continuación celebrar as dúas saídas da manga oficial. O domingo, 30 de agosto, a presentación dos pilotos será a presentación dos pilotos, tamén no pavillón de deportes de Beade; ás 9.30 terá lugar a segunda manga de adestramentos e posteriormente as saídas da terceira e cuarta mangas oficiais. Finalmente, ás 16 horas celebrarase a entrega de trofeos.

"Resulta fundamental atender todas as disciplinas deportivas, sobre todo tendo en conta a base que o automobilismo ten na cidade", explicou Xabier Alonso, quen resaltou o traballo que a organización fixo ao longo de todo o ano para acadar que a proba tivera lugar. "As institucións temos que apoiar a celebración das probas deportivas, sobre todo cando son demandadas polo público", afirmou ao respecto.

Dende a escudería Racing Sport, pola súa banda, agradeceron o apoio amosado pola Concellería de Deportes para a celebración da proba, así como a Comunidade de Montes de Beade e a Entidade Menor de Bembrive. "Dende a organización traballamos para conseguir que esta convocatoria sexa das mellores probas galegas", salientaron.
Descargar todas as imaxes