Escoitar

Abel Caballero destaca que as humanizacións en marcha en Balaídos e Castrelos suman 6 millóns de euros

O alcalde visitou este martes os traballos de humanización do entorno de Castrelos, que comprende as Avdas de Balaídos e Portanet e a rúa Val Miñor, xa rematada. Estas, xunto coa mellora en marcha na Avda de Castrelos, suman seis millóns de euros nunha zona "que non tiña melloras desde fai anos".

martes, 25 ago 2009
1251204457balaidos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este martes que o entorno de Castrelos e Balaídos, unha zona "que non tiña melloras desde fai anos", está a percibir actualmente seis millóns de euros en humanizacións "de altísima calidade".

Os traballos de mellora nas Avenidas de Balaídos e Portanet, xunto coa humanización xa rematada de Val Miñor, supón un investimento de 2,7 millóns de euros e un emprego para 84 persoas, das que 22 proceden das listas do INEM de Vigo, segundo explicou Abel Caballero. Estas rúas contarán con granito en superficie, máis de 150 árbores, novas luminarias, papeleras e bancos.

Estas tres rúas suman máis dun quilómetro de lonxitude, unha distancia similar á que está a ser reformada na Avenida de Castrelos, que suma outros 3,2 millóns de euros de investimento á zona. En total, son seis millóns de euros na humanización de máis de dous quilómetros de rúas no entorno de Balaídos e Castrelos.

"Estas son zonas que non tiñan melloras desde fai anos", salientou o alcalde, "e que agora están a ser atendidas cun volume importante de investimento". Ademais das rúas en obras, Abel Caballero citou actuacións xa executadas na zona como a renovación do parque de Pablo Iglesias, a humanización de Eurgenio Kraft e a mellora en marcha na Avenida da Florida.
Descargar todas as imaxes