Escoitar

O alcalde asegura que o primeiro ano do PXOM "cubre as expectativas" con 20 ámbitos en marcha que suman 4.500 vivendas protexidas

Abel Caballero, no cumplimento do primeiro ano en vigor da práctica totalidade do Plan Xeral, fixo balance positivo dun planeamento co 43% de vivenda protexida, que xa ten iniciados 20 ámbitos -tanto de iniciativa pública como privada- que suman máis de 10.000 vivendas, 4.573 delas de protección. "O Plan goza de moi boa saúde", concluíu o alcalde.

martes, 25 ago 2009
1251204515P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este martes que o primeiro ano en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo "cubre as expectativas", pois conta na actualidade con 20 ámbitos en desarrollo e 10.000 vivendas, das que 4.573 son de protección oficial.

O rexedor indicou que o PXOM, que reserva o 43% da edificación para vivenda "a metade de prezo", iniciou nun ano o planeamento dunha veintena de ámbitos -tanto de iniciativa pública como privada- con "casi o doble de Navia" de vivenda protexida.

O alcalde asegurou que este balance é especialmente positivo debido ao momento de crise que atravesa a economía na actualidade, e precisou que as dificultades non radican no Plan Xeral senón na financiación. Por todo iso, o primeiro edil vigués concluíu que "o Plan goza de moi boa saúde".

Por outra banda, Abel Caballero destacou que nos últimos dous anos conseguíuse a apertura da Gandariña, "o polígono empresarial comercial máis importante que se fixo nunca" na cidade de Vigo, con nove grandes superficies instaladas que empregan a 420 persoas.
Descargar todas as imaxes