Escoitar

Abel Caballero asegura que os padróns municipais do IBI e das Actividades Económicas "evolucionan de forma favorable"

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os padróns do Imposto de Bens Inmobles e do Imposto de Actividades Económicas correspondentes a 2009. Os bens censados no IBI polo Concello increméntanse nun 4,3% mentres que o padrón fiscal do IAE volve ascender un 0,5%, segundo explicou o alcalde.

luns, 24 ago 2009
1251119342P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local dos padróns correspondentes ao ano 2009 dos impostos de Bens Inmobles e Actividades Económicas, que "evolucionan de forma favorable".

Segundo indicou o alcalde, o Imposto de Bens Inmobles incrementa o seu valor catastral total nun 4,3% con respecto ao pasado ano; mentres que o número total de inscripcións roza as 202.000, un 2,19% máis que en 2008.

No tocante ao Imposto de Actividades Económicas, o padrón fiscal correspondente a 2009 e aprobado polo goberno local contabiliza 4.469 inscripcións, un 1,94% de incremento sobre o ano anterior; e unha cota municipal de 11,5 millóns de euros, un 4,68% de ascenso sobre o pasado exercizo.

Bolsas de inglés
O Concello aprobou asemade na Xunta de Goberno deste luns a adxudicación do servizo de becas para escolares de secundaria, polo que 125 nenos e nenas de Vigo estudarán tres semanas en inglés no Reino Unido.

O importe total ascende a 595.000 euros, e os escolares viaxarán a Sheffield, Norwich, Loxley, Surbiton e Swinton. O programa municipal de inserción lingüística en inglés supón para o alcalde "un elemento de mellora da educación moi notable para a cidade".
Descargar todas as imaxes