O alcalde salienta que as humanizacións do entorno de POVISA van "a bo ritmo" e empregan a 180 persoas
Abel Caballero visitou este luns os traballos de humanización das rúas Barcelona, Zamora, Valencia, Illas Baleares, Illas Canarias, Zaragoza e Sevilla; o entorno de POVISA que, xunto á xa rematada de Faustino Álvarez, empregan a 181 persoas e supón un investimento de 8,6 millóns de euros. "As obras terminarán no prazo previsto", indicou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, visitaron este luns os traballos de humanización do entorno de POVISA, que empregan a 181 persoas -54 procedenetes das listas do INEM de Vigo- e representa un investimento de 8,6 millóns de euros.
O alcalde valorou que "a obra vai a bo ritmo" e "terminará no prazo previsto", para dotar ás rúas Barcelona, Zamora, Valencia, Illas Baleares, Illas Canarias, Zaragoza e Sevilla da "altísima calidade" que presenta a humanización de Faustino Álvarez, xa rematada.
Xunto á "calidade e a beleza" da superficie en granito, Abel Caballero subliñou a relevancia da renovación das canalizacións soterradas, o abastecemento e o saneamento, nos 3,2 quilómetros de actuación no total das rúas.
O alcalde apuntou que nas rúas que están a ser humanizadas sumaranse un total de 522 árbores, 267 luminarias, 109 bancos -número que pode ser ampliado a demanda dos veciños- e 89 xardineiras; un "modelo de actuación en cidade que nos agrada", afirmou Abel Caballero, ao tempo que sinalou que tamén "percibimos o agrado da cidadanía".
De cara ao vindeiro ano, o rexedor anunciou que iniciarán este mesmo luns a definición das rúas que serán humanizadas no 2010, aunque xa apuntou que acometerase a segunda fase da rúa Tomás Alonso e tamén o entorno do Areal.
Descargar todas as imaxes