Escoitar

Xabier Alonso anima a cidadanía a disfrutar o domingo da XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Vigo

A ría de Vigo será o vindeiro domingo 30 de agosto, o escenario da XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Vigo, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, na presentación do evento. No acto, no que tamén participaron en representación do Real Club Náutico o seu presidente, Franco Cobas, e Ramón Ojea, e o vicepresidente do Club de Remo Coruxom Darío Fernández, o edil nacionalista animou á cidadanía a disfrutar cunha proba que é un "auténtico espectáculo deportivo".

martes, 25 ago 2009
1251204373bandeira.JPG
O concelleiro de Deportes explicou que a XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Vigo será a última proba da liña galega. Na súa intervención, Xabier Alonso fixo referenza á orixe desta regata e a súa longa tradición popular. "A nosa ría é un campo de regatas que como poucos outros permite ver a competición na súa totalidade", salientou o concelleiro nacionalista.

A regata comezará ás 11.30 horas, coa participación dos clubes CRr Rianxo, CR Coruxo, CR Vila de Cangas e Ad Esteirana. Ás 12 horas terá lugar a segunda quenda, con CR Puebla, CR A Cabana, CR Ares, Cr Vilaxoán e Amegrove. Xa ás 12.30 horas, terá lugar a derradeira saída con CR Perillo, CR Mecos, CR Chapela, RCN Vigo e CR Cabo da Cruz. Finalmente terá lugar a entrega da bandeira na auga e posteriormente no paseo das Avenidas.

O presidente do Real Club Náutico, pola súa banda, subliñou que na actualidade se trata dunha das probas "máis emblemáticas da Liga Galega de Traiñeiras". Segundo Franco Cobas, o clube Cabo de Cruz parte á cabeza, diante do RCN Vigo, que ten 160; CR Chapela, con 159; CR Mecos, con 158; e CR Perillo, con 156.
Descargar todas as imaxes