Escoitar

O Concello está a elaborar un plan de continxencias para eventuais casos de Gripe A en Vigo

O alcalde encargou á Concellería de Sanidade que dirixe Chus Lago a elaboración dun protocolo municipal que estableza prioridades de actuación no suposto eventual de casos desta afeción na cidade. Ademais, Abel Caballero ofertou este mércores a "cooperación absoluta" do Concello vigués ás autoridades estatal e autonómica para facer fronte á Gripe A.

mércores, 26 ago 2009
1251290182P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores de que encargou á Concellería de Sanidede que dirixe Chus Lago a elaboración dun plan de continxencias municipal ante eventuais casos de Gripe A na cidade de Vigo.

Segundo explicou o rexedor, o protocolo fixará prioridades de actuación ante posibles circunstancias sanitarias relativas á enfermidade que irán máis aló dos propios funcionarios municipais, e que abranguerán a toda a cidadanía viguesa.

Abel Caballero ofertou asemade a "cooperación absoluta" do Concello de Vigo ás autoridades sanitarias tanto de Galicia como de España na loita contra a Gripe A, polo que o alcalde puxo o Concello a disposición das restantes administracións.
Descargar todas as imaxes