Inauguración das obras de humanización no entorno do mercado de Teis
O alcalde, Abel Caballero, asistiu hoxe á zona do mercado de Teis onde presentou a reforma do entorno do mercado e as obras de humanización que se executaron en seis meses pola empresa SERCOYSA por un importe de 283.719,80 euros. As obras consistiron na pavimentación das beirarrúas, habilitación das zonas axardinadas e ampliación das existentes, ampliación e renovación da rede de abastecemento e saneamento, e renovación do alumeado en todo o entorno do mercado. <br />
DESCRICIÓN DAS OBRAS:
A pavimentación das beirarrúas resolveronse cunha tipoloxía de baldosas prefabricadas compostas por unha losa de granito Gris Alba de 60×40×1,5 cm de espesor, con acabado flameado e adherida a un sustrato de mortero de alta resistencia, reforzado con malla de fibra de vidrio, resultando un formato final de 60×40×8 centímetros. Todos os pavimentos de calzada serán mixtos con dúa capas de 5 e 7 centímetros de mezcla bituminosa en qunete, sobre unha base de formigón de 28 centímetros. Disporase un bordillo de granito duro Blanco Mera de 28x15 centímetros e chaflán de 3 centímetros, con acabado aserrado. A superficie de beirarrúas total será de 1.003,3 m2 e a lonxitude de bordillo será de 310,73 metros.
Habilitáronse zonas axardinadas e ampliaronse as existentes cunha superficie a axardinar de 214,87m2, estas zonas delimitaronse cun bordillo de 35×15, cunha lonxitude total de 142,84 metros.
A execución das zanxas que se construiron na calzada teñen unha reposición que seguirá o indicado na "Ordenanza Xeral Reguladora para a Implantación de Servicios na Vía Pública", onde se reporá o pavimento orixinal da rúa e posteriormente realizarase a operación de fresado de 6 centímetros de espesor cun sobreancho de 50 centímetros como mínimo.
Renovouse a a rede de abastecemento e ampliouse a dotación existente, dando servizo á zona esquerda do mercado. Para isto, instalouse unha tubería de fundición de 150 mm de diámetro dende a rúa Sanjurjo Badía até o seu encontro co cruce da rúa existente en Purificación Saavedra á altura do mercado. A partir deste punto, continuarase coa nova tubería de 150 mm de diámetro que substituirá á de fibrocemento existente e enlazará coa rede na rúa Toural de abaixo, e dende este punto lanzarase outra tubería que dará servizo á zona esquerda do mercado. A tubería terá unha lonxitude total de 196,61 metros, cunha renovación das acometidas, dotación de bocas de rego cada 30 metros e un hidrante situado na zona traseira do mercado.
A rede de saneamento renovarase na súa totalidade, dispoñéndose tubería de PVC SN6 nos laterais do mercado cunha rede separativa de augas pluviais e fecais, cunha lonxitude total de tubería de 320,93 metros. Para a recollida de augas pluviais instalaranse sumidoiros sifónicos Maxi Selecta separados un máximo de 50 metros. A rede de saneamento de fecais renovarasel igual que as acometidas das vivendas e o mercado.
Realizarase unha renovación do alumeado en todo o entorno do mercado, eliminando as luminarias actuais, que se atopan fixadas á fachada do mercado e colocando farolas en todas as beirarrúas perimetrais que se situarán enfrente das fachadas do mercado. Instalaranse un total de 18 farolas, sendo a que se sitúa no centro da prazoleta proxectada diferente ás perimetrais.
Descargar todas as imaxes