"SCRIPTORIUM": obradoiros sobre o mundo medieval e monacal no Verbum
O museo Verbum – Casa das Palabras proponvos para as mañás dos domingos do mes de xaneiro uns obradoiros didácticos orientados a nenos/as a partir dos 3 anos e como complemento da exposición temporal "Scriptorium Verbumiense" onde se recrea un mosteiro medieval da man duns monxes copistas que dedicaban a súa vida a copiar, iluminar e encadernar libros e códices que foron, son e serán unha das nosas fontes de sabedoría.
DOMINGO 4: breve introdución e contextualización da exposición Scriptorium Verbumiense. Temática do obradoiro: aprender a utilizar a cana, elaboración das cores, douradura das capitulares, copiar e iluminar un texto.
DOMINGO 11: o xogo dos monxes copistas. A linguaxe das campás: movementos e expresións relacionados coa vida monacal e a regra beneditina. Obradoiro de fabricación do ex libris. Fabrica o teu propio selo.
DOMINGO 18: xogo medieval: o xogo da oca (o xogo dos cabaleiros templarios). Elaboración, simboloxía, confección e metodoloxía do xogo da oca.
DOMINGO 25: "palabras vivas": mímica, expresións e palabras do Scriptorium. A xincana dos instrumentos musicais medievais. Construcións monacais. A maqueta dos mosteiros e a decoración das vidreiras.
DE 12.00 A 13.30 HORAS
PARA NENOS/AS A PARTIR DOS 3 ANOS
1 € POR ASISTENTE
AFORO LIMITADO A 50 NENOS/AS. ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA
Descargar todas as imaxes