xoves, 8 xaneiro 2009

Nos próximos días reporanse 82 contedores de envases

O alcalde, Abel Cabaleiro, visitou hoxe as instalacións da empresa concesionaria municipal VIGO-RECICLA para supervisar a montaxe de 82 contedores de recollida selectiva de envases lixeiros ( os contedores amarelos) que se instalarán proximamente en zonas da cidade que ten que repoñerse por actos vándálicos.

Santi Domínguez anima a visitar Puro Arte, que do 15 ao 19 de xaneiro amosará no IFEVI as últimas vangardas

xoves, 8 xan 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez fixo animou este xoves a visitar a feira Puro Arte, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) do 15 ao 19 de xaneiro. Na presentación do evento, no que se poderán contemplar as últimas vangardas artísticas, ademais do tenente de alcalde tamén participaron a delegada provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, María Xesús López, o concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Xesus López, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, e o director do certame, Ignacio Scarpellini.

"SCRIPTORIUM": obradoiros sobre o mundo medieval e monacal no Verbum

xoves, 8 xan 2009

O museo Verbum – Casa das Palabras proponvos para as mañás dos domingos do mes de xaneiro uns obradoiros didácticos orientados a nenos/as a partir dos 3 anos e como complemento da exposición temporal "Scriptorium Verbumiense" onde se recrea un mosteiro medieval da man duns monxes copistas que dedicaban a súa vida a copiar, iluminar e encadernar libros e códices que foron, son e serán unha das nosas fontes de sabedoría.